Animación á lectura

Para animar aos nen@s a ler colgamos este mural no corcho do pasillo para que os nen@s e pais/nais o vexan. A lámina (La lectura y las bibliotecas) que está pegada é significativa porque sae nela unha biblioteca onde nos explica que é unha biblioteca…
Esta lámina está no libro Planeta Hoobs.La aventura de aprender.Hablar y escribir de Planeta (páxina 30-31).
Neste curso temos un expositor permanente na biblioteca sobre temática de medio ambiente- ecoloxía para que os nen@s busquen información para traballos feitos nas titorías.

Sobre todo de reciclaxe, enerxías renovables, efecto invernadoiro, marea negra etc.

Tamén temos o expositor de novidades.

por bibliotecadecesuras

Día do libro e Letras Galegas

Os últimos anos levamos traballando o día do libro e o día das letras galegas xuntos, intentando buscar un nexo entre os dous, por exemplo este ano fixemos un mural onde aparece a galiña azul de Carlos Casares con un fragmento do texto do libro onde Carlos nos conta como é esa galiña.
Nos libros hai moitas personaxes animais e como este ano o dedicamos ao medio ambiente decidimos facer a silueta da galiña azul e que cada nen@ debuxara dentro o seu animal de conto favorito (Bambi, Tento, Elmer…). Os nen@as tiñan que poñer tamén o seu nome e por que escolleron ese animal?

Realizamos un conto da galiña azul en tamaño cartulina para que se apreciara mellor a historia. Fixemos un resumo do conto collendo o máis interesante para que cando se lera os de infantil no se perderan e lles resultara interesante e ameno.
Os debuxos feitos polo equipo de biblioteca e coloreados polos nenos e nenas de segundo curso (ilustradores) e lérono os de sexto, fixérono tan ben que outro día dúas nenas e un neno que van moito á biblioteca na hora do recreo collérono onde estaba gardado e decidiron sen decirlles nada lelo como fixeron os de sexto.

por bibliotecadecesuras