HORTO ESCOLAR

O alumnado máis pequeno do colexio aproveitou os espazos que hai arredor do edificio para crear o seu horto escolar.

Parecía pouca cousa cando viron só terra e sementes, porén, non se desanimaron e agora xa se comezan a ver os froitos do traballo que fixeron os nosos pequenos expertos no agro.

Parece que dentro de pouco as plantas xa van estar listas para pasar o proceso completo, da terra á boca!

A palabra do día

Covarde: Que non ten coraxe ou valor para facer fronte a un perigo ou algo que o require.

Ese neno é un covarde porque se asusta por todo.

Como podedes comprobar, a palabra covarde leva “v” en galego. Tamén o levan as palabras derivadas dela: acovardar, acovardado, …

A palabra do día

Petróglifo: Gravado da época prehistórica feito sobre pedras que estaban ao aire libre.

Os petróglifos do Neolítico son abundantes en Galicia.

petro

por bibliotecadecesuras

A palabra do día

Pelo: Se cadra non é preciso dicir aquí o que significa a palabra pelo por si mesma, porén, pode ser que non coñezades o significado de moitas expresións e frases feitas con esa palabra:

Ao pelo:  De xeito que convén. Ese traballo que atopou veulle ao pelo.

Caer o pelo (a alguén): Recibir un castigo ou reprimenda por algo mal feito. Vaille caer o pelo se non trae os deberes.

Non ter pelos na lingua: Falar claramente e sen rodeos. Brais non ten pelos na lingua, díxolle todo o que pensaba dela.

Non ter un pelo de parvo: Ser intelixente. Non ten un pelo de parva, pero suspendeu por non traballar.

E aínda hai moitas máis: Non verlle o pelo (a alguén), polos pelos, poñer os pelos de punta, por un pelo, tomar o pelo, … Sabedes o que queren dicir todas?

por bibliotecadecesuras

AS MULLERES NA MATEMÁTICA

No recuncho matemático do noso colexio apareceron, xa hai algúns días, traballos feitos polo noso alumnado referido a mulleres que destacaron nas matemáticas ou no eido científico.

_IGP0525

As elixidas foron Maria Agneso, Marie Curie, Sophie Germain e Mary Somerville.

Xunto con cada traballo acompáñase algún dos seus logros ou frases que demostran que para as ciencias, como para case todo, todos e todas somos iguais.

_IGP0529 _IGP0526 _IGP0527 _IGP0528

In English

Last Thursday we were visited by many schools in the area. Our school was full of children!

_IAP0150312_123357

The reason? English theatre in Cesuras. The theatre company Clever Pants performed again in our school.

There were two different shows. The first one “Chococlate” was for the youngest students and the second show “Growing Pains” was for the oldest students. Children loved them! we had a lot of fun while learning English!

This slideshow requires JavaScript.

DÍA DA PAZ (II)

Esqueceunos colgar na rede a nosa segunda parte do día da paz.

Por fin o tempo permitiu facer algunhas das actividades programadas para o 30 de xaneiro e que foran adiadas no seu momento pola chuvia.

O primeiro foi a preparación do gran mural da paz entre todo o alumnado do cole. Nos días previos, cada persoa debía completar o inicio dunha frase proporcionada polo cole. A frase en cuestión era: A PAZ É … e cada neno e nena debía completala co que quixese, así saíron numerosos e variados lemas como: “A paz é pintalo todo de cores”, “A paz é compartir sen esperar nada a cambio”, “A paz é pintalo todo de cores” e moitísimas máis.

Despois debían plasmalo nun folio cun debuxo escollido de internet co seu final de frase impreso.

Unha vez que cada quen tiña o seu lema chegou a hora de xuntalos nun papel xigantesco. Os maiores do cole fixeron de axudantes dos máis novos e pouco a pouco foise creando a xigantesca composición.

O resultado? Colorido e precioso, como todo o que fan os nenos e as nenas do cole! Hoxe coroa a entrada do noso cole.

100_2652 100_2653

Pero non pensaredes que quedou así a cousa, non si? Logo de facer o mural tocaba o reto de crear entre todos unha palabra PAZ xigantesca, e este foi o resultado:

_IGP0262 _IGP0270

E para rematar a tarde quedaba o máis divertido, a música! Con dous estilos ben distintos, xa que primeiro bailamos “O valse da Paz” para rematar co “Rock da Paz”.

This slideshow requires JavaScript.

E aínda faltou unha cousa por facer… cal? Sorpresa!

ANIVERSARIOS DA PAZ

Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o día escolar pola Paz e no noso cole, ademais desta conmemoración, celebramos todos os aniversarios dos nenos e das nenas que tiveron ou terán o seu aniversario neste trimestre.

A mala nova foi que choveu como aínda non o fixera este inverno e tivemos que adiar até o luns a celebración dos actos que tiñamos preparados para a Paz. Daremos boa conta deles neste blogue!

A boa nova foi que o mal tempo non fixo decaer a festa en ningún momento, así que celebramos ao grande os aniversarios.

As mesas estaban cheas de comida, mesmo había algunhas lambetadas. A nosa cociñeira preparou unha tarta enorme e todos e todas estabamos no comedor preparados para recibir á xente que andaba de aniversario!

DSC_0047 DSC_0082 DSC_0083

Despois disto entraron todos e todas e puxémonos a comer!

Para rematar houbo música, disfraces, bo humor e moita, moita festa!

Quedamos coa mágoa de non poder facer as cousas que tiñamos preparadas para o día da Paz, pero de seguro que o tempo acompañará a vindeira vez!

por bibliotecadecesuras

FELIZ ANO

Pois sen case decatarnos estamos no 2015. Parece que foi onte cando pisabamos o colexio o pasado setembro.

O certo é que levamos un tempo sen escribir, pero os festivais de Nadal, os mercados, o xornal escolar, … tivéronnos demasiado ocupados. Porén, prometemos compensar a ausencia publicando moitas das cousas que fixemos nesas datas.

Para comezar, unha pequena mostra do noso xornal escolar. Os alumnos e alumnas traballaron a reo para chegar a facer tantas cousas e tan bonitas no Nadal.

This slideshow requires JavaScript.

E ONTE ESTIVEMOS NA COSTA DA MORTE

Onte tocou viaxe, desta volta fomos á Costa da morte, un dos lugares máis bonitos que temos en Galicia.

Desde o faro de Fisterra, e pasando por Muxía, Camariñas e Vimianzo o día comezou cedo e rematou tarde, pero sen dúbida pagou a pena.

Gostamos moito de ver como moito do noso alumnado subía ao autobús cun libro para entreterse na viaxe. Parabéns!

_IGP9780 _IGP9787 _IGP9809 _IGP9844 _IGP9853 _IGP9859 _IGP9881 _IGP9882 _IGP9886 _IGP9908 _IGP9909 _IGP9936 _IGP9978